viernes, 17 de abril de 2015

Orde das cousas

Orde das cousas”


Amanda Díaz Pena estivo no noso instituto, o I.E.S Nosa Señora dos Ollos Grandes o 23 de Febreiro deste ano para darnos unha conversa sobre a violencia de xénero. Estudou psicoloxía e actualmente é a presidenta da Asociación Enriqueta Otero de mulleres Luguesas contra a violencia de xénero. Esta asociación acaba de asinar un convenio de colaboración co fin de concienciar aos menores e adolescentes dos centros de protección e conflito social sobre a importancia do respecto á igualdade de xénero e prevención da violencia. Enténdese por violencia de xénero calquera acto violento ou agresión dos homes sobre as mulleres que teña ou poida ter como consecuencia un dano físico, sexual ou psicolóxico, incluídas as ameazas de tales actos e a privación da liberdade, tanto se ocorren no ámbito público coma na vida familiar ou privada.

O vídeo que nos ensinou trata este tema e divídese en dúas partes:

-A primeira parte ocorre no interior dunha casa, concretamente no baño. Xulia, a protagonista encóntrase no interior dunha bañeira.
Dende o principio, o seu marido e o seu fillo buscan un cinto que pertence ao home. O neno cando crece decátase de que a nai ten o cinto escondido no interior da bañeira e ao ver as numerosas feridas no seu corpo, cáeselle o xoguete da man e rompe. Decide non dicirlle que encontrara o cinto ao seu pai.
Os anos pasan pero Xulia non envellece.
Cando o rapaz xa alcanza unha idade e comprende a situación que está a vivir a súa nai, decide marchar da casa rebelándose contra o seu pai. Xulia sofre e chora por él cando chama por teléfono.

-A segunda parte tamén ocorre no mesmo espazo. Chegan os irmáns do home e dinlle que lle fale nun ton máis alto a Xulia, xa que sabe onde está o cinto, de modo que ésta o teña que dicir.
Faino, mais ela non di nada. As mulleres dos irmáns do home tamén teñen feridas no seu corpo e rozaduras.
A bañeira chéase de auga e baixa según o momento.
Finalmente, cando xa pasan moitos anos e o home se fai maior, Xulia entrégalle o cinto. El intenta collerlle o cinto pero ela agárrao forte. O baño inúndase de auga e os dous, somerxidos volven ao pasado. Xulia aparece no mar sóa, desorientada, o que indica que saiu da situación pero que é dificil a vida despois de saír dunha cousa así. Chega á beira da praia e alí hay máis bañeiras con cintos dentro.

O tema principal é que o home ten o cinto que o seu pai lle cedera xa que con el lle pegaba tamén á súa muller, polo tanto este home pretende que o seu fillo faga o mesmo pero este négase.

Vídeo:




Imaxes:

Fotografía tomada con Amanda Díaz Pena na Biblioteca despois da conversa impartida.


                                           Membros da Asociación Enriqueta Otero de Lugo